ORELLAS DO ENTROIDO
Este é,xunto coas filloas, un dos doces por excelencia do Entroido en Galicia.
Ingredientes:
5oo gr. De fariña.
3 ovos batidos.(votarlle sal).
100 ml de manteiga fundida, pero non quente.
25 ml. de anís.
Rascadura de limón.
Elaboración:
Mesturamos todo (sen medo) Nunha fonte e amasamos ben. Se precisamos máis fariña temos que ir engadíndoa . Para mesturar os ingredientes no inicio, faise todo coas mans. Deixamos repousar durante 30 a 45 min. Estendemos a masa cun rolo sobre unha superficie impregnada con aceite de xirasol.
Se friten en abundante aceite de xirasol . Despois se poñen nunha bandexa con papel absorbente e esparexe o azucre, mellor mesturado cun pouco de fariña.
Aclaracións:
- Canto máis finas, mellor, case transparentes (por así dicir).
- Mellor Fritir en aceite de xirasol, porque o aceite de oliva dálle moito sabor.
- O aceite debe estar moi quente.
- É necesario ter axuda para fritilas. Un ten que estirar a masa e o outro ten que fritir as orellas.
- Eliminar a calor para evitar que queimen as orellas.
- Unha vez estiradas e para que non encollan son levados directamente á tixola.